24/06/2019 - Participación na serie web "A Universidade Responde"

 

O grupo Photonics4life colaborou na terceira temporada da serie web da USC "A Universidade Responde", unha serie de vídeos curtos educativos onde se explican fenómenos físicos cotidianos.

 

Neste capítulo a profesora María Teresa Flores-Arias explica o uso de lentes polarizadoras aplicadas ao cine en 3D. Estes vídeos serán tamén emitidos no programa da televisión nacional "La aventura del saber".

gallery/sin título
03/12/2019 - Colaboración con el podcast científico "Efervescencia"

 

A profesora María Teresa Flores-Arias colaborou co podcast científico "Efervescencia" no episodio "Descripción de Pinzas ópticas, láseres e nobel de física 18 con Maite Flores" explicando os detalles do Premio Nobel 2018 dedicado ás pinzas ópticas e aos láseres de pulsos ultracortos e de alta potencia.

 

Neste enlace pódese escoitar o audio completo do programa.