15/05/2019 - Acto central en España do Día Internacional da Luz 2019

 

Santiago de Compostela foi a cidade encargada de acoller o Acto Central do Día Internacional da Luz 2019. O evento foi celebrado a mañá do 15 de maio no Hostal dos Reis Católicos, organizado pola Profesora María Teresa Flores-Arias en colaboración cos profesores Carmen Bao Varela e Justo Arines Piferrer, do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Na organización do evento tamén colaboraron os membros do OSA Student Chapter de Santiago de Compostela presidido pola estudante de doctorado María Aymerich.

 

Desde o grupo Photonics4Life desexamos agradecer a colaboración de todos os participantes do evento, en especial ós ponentes Pablo Artal, María de los Ángeles Rol, Luis Plaja e Mercedes Angulo.

 

No canle de vídeo da USC pódese acceder aos momentos máis destacados do día premendo neste enlace.

13/11/2019 - Premios de Transferencia de Tecnoloxías Galicia 2019


O grupo Photonics4life foi galardoado co premio ‘Francisco Guitián Ojea’, un dos tres Premios de Transferencia de Tecnoloxías Galicia 2019, polo seu proxecto para fabricar modelos tridimensionais capaces de reproducir sistemas biolóxicos complexos co obxetivo de estudiar diferentes patoloxías.


Neste enlace pódese atopar máis información sobre a noticia.