Centro de coñecemento

DÍA INTERNACIONAL DA LUZ | 16 MAIO

Difundindo o coñecemento

Image

Grupos de innovación docente

Esta iniciativa xorde na Universidade de Santiago de Compostela que, xunto con grupos de investigación como o noso, son conscientes da importancia de desenvolver novas e innovadoras metodoloxías de formación e ensino para mellorar a súa calidade.

O grupo Photonics4life participa nesta iniciativa a través da creación do noso propio grupo de innovación docente: Bioluz, cuxa finalidades é promover as tecnoloxías de óptica e láser e as súas aplicacións.

máis info>>

Actividades Promovidas por Doutorandos

USC-OSA é un grupo de estudantes en distintas etapas formativas (Grao, máster ou doutoramento) que xunto con investigadores da USC adicados á divulgación da fotónica e da física.

Esta actividade ten o recoñecemento da Sociedade Europea de Física (EPS) e da Sociedade Americana de Óptica (OSA).

máis info>>

Image
Image

Unha enxeñeira ou científica en cada cole

É una actividade desenvolvida en colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC, en materia de igualdade de xénero.

A finalidade é a visibilización das enxeñeiras e científicas como referentes nas disciplinas coñecidas como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) coa realización de obradoiros dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de primaria de colexios públicos do Concello de Santiago.

máis info>>

A ponte co ensino medioe a USC

Este programa tenta proporcionar aos estudantes de centros de ensino secundario de Galicia información sobre as titulacións e servizos da Universidade de Santiago de Compostela, servindo de "ponte" entre estes dous niveis educativos.

Campus Terra conta cun coordinador de programas e un grupo de profesores colaboradores das distintas facultades e escolas do Campus

más info>>

Image

Outras actividades de divulgación

  • Xogando coa luz
  • Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: catro científicas galegas
  • Web serie
  • Premio Nobel de Física 18

20/04/2021 - Obradoiro: Xogando coa luz

Maite Flores Arias e Justo Arines Piferrer, presentaron no IES A Pinguela de Monforte unha actividade que denominaron 'Xogando coa luz' consistente en 2 obradoiros prácticos nos que os alumnos de 1º de Bacharelato de Ciencias participaron dentro do programa "A ponte co ensino medio e a USC. "

Máis info>>

02/11/2021 - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: catro científicas galegas

Maite Flores.-Arias falou en TVGalicia sobre a importancia da igualdade na ciencia.

24/06/2019 - Participación na webserie "A Universidade Responde"

O grupo Photonics4life colaborou na terceira tempada da serie web da USC "A Universidade Responde", un pequeno vídeo ambientado cunha finalidade educativa onde se explican os fenómenos físicos das lentes.

Neste vídeo a profesora María Teresa Flores-Arias explica o uso de lentes de polarización aplicadas ao cine 3D. Estes vídeos tamén se emitirán na televisión nacional española no programa "La aventura del saber".

12/03/2019 - Colaboración co podcast científico "Efervescencia"

A profesora María Teresa Flores-Arias colaborou co podcast científico "Efervescencia" no episodio "Descrición de Pinzas ópticas, láseres e nobel de física 18 con Maite Flores" explicando os detalles do Premio Nobel 2018 que inclúe pinzas e pulsos láser ultracortos e ultraintensos.

Escoita todo o audio!

Pinzas ópticas. Premio Nobel 2018 | Maite Flores-Arias